#72
funding
, sistemas de banca ética, etc.)
Liña de acción 4. Sustentabilidade medioambiental e enerxética.
Evolución a un modelo de xestión dos residuos baseado na reciclaxe e na reutilización, abandonan-
do a queima indiscriminada, contaminante e cara de SOGAMA.
Elaboración de auditorías enerxéticas nos edificios municipais para reducir o importe da factura
eléctrica municipal.
Promover a rehabilitación enerxética de edificios por barrios.
Promover a contratación de subministradoras de enerxía limpa.
Liña de acción 5. Consumo responsable e solidario.
A economía é oferta, pero tamén é demanda e consumo responsable. Neste ámbito de fomento do
consumo de proximidade, de mellora de coñecemento dos produtos e servizos que existen na ci-
dade e no seu entorno por parte da propia cidadanía, hai moita marxe de mellora.
Impulsar a creación de escolas de consumidores e consumidoras como actividade a incluír nos
centros socioculturais.
Informar e estimular a creación de grupos de consumo, coa finalidade de establecer políticas de
consumo responsable Km 0 con produtores e produtoras do concello.
Fomento do comercio xusto.
Liña de acción 6. Comercio.
Actualizar o Plan estratéxico
de comercio lanzado no ano 2009.
Dar a coñecer a bolsa de alugueiro de establecementos comerciais e apoiar o desenvolvemento
de actividade comercial, prestando especial atención aos usos do local e á calidade do produto ou
servizo a prestar.
Implantar un proxecto de identificación de propietarios e propietarias e de contratación para proxec-
tos colectivos.
Suxerir iniciativas comerciais innovadoras e alternativas para o comercio tradicional, a través de
proxectos colectivos.
Coordinación das campañas de dinamización comercial coas campañas turísticas, culturais e de
festividades da cidade.
Penalizar a especulación con baixos baleiros no centro da cidade.
Liña estratéxica 2. As persoas diante.
A orientación das políticas públicas en materia de promoción económica e emprego deben ter en
conta a diversidade e a igualdade no acceso aos programas de crecemento persoal e empresarial.
Propoñemos un modelo con igualdade de oportunidades real no acceso das persoas ao mercado
de traballo e aos procesos de innovación, creación empresarial e planificación estratéxica do desen-
volvemento.
Liña de acción 1. Formación.