#62
Liña de acción 42.
Deseño dun anel verde, que permita a conectividade entre espazos, sen inter-
vención en hábitats naturais.
Liña Estratéxica 2 – Apoiar iniciativas que incidan na conservación da biodiversidade
Liña de acción 43.
Apoiar proxectos produtivos que supoñan un uso tradicional que contribúa ao
mantemento da biodiversidade, incentivar as actividades agrogandeiras ecolóxicas, mantemento
e recuperación da paisaxe de mosaico.
Liña de acción 44.
Promover programas de formación e acompañamento no desenvolvemento
dunha agrogandeiría sustentable e apoio as empresas “verdes”
Liña de acción 45.
Apoiar e promover proxectos de lecer que axuden a valorar e conservar a bio-
diversidade os mesmos (como rotas, actividades deportivas, voluntariado ambiental.
..).
Liña estratéxica 3.
Programa de educación ambiental e participación
Liña de acción 46.
Desenvolvemento dun programa de sensibilización ambiental para os distintos
eixos de actuación, baseado na participación e con especial atención a implicación dos centros
educativos.
Liña de acción 47.
Fomento da participación en programas existentes. Ex: Proxecto Ríos, Charcas
con vida.
Reto 9. SOBERANÍA ALIMENTAR
Tal como recolle a Declaración de Nyéléni resultante da celebración do Foro de soberanía ali-
mentaria en Mali no 2007, a soberanía alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e
culturalmente axeitados, accesibles, producidos de forma sustentable e ecolóxica, e o seu dereito
a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo. A soberanía alimentaria dálle prioridade ás
economías locais e aos mercados locais e coloca a produción alimentaria, a distribución e o con-
sumo na base da sustentabilidade
medioambiental, social e económica.
A soberanía alimentaria tamén está profundamente imbricada nun comercio transparente, que
garante ingresos dignos para as persoas adicadas á produción de alimentos e ten en conta os
dereitos das persoas consumidoras para controlar a súa propia alimentación e nutrición.
Liña de acción 48.
Declarar o “Concello Libre de Transxénicos” facendo as xestións oportunas
para evitar o cultivo e consumo no seu territorio.
Liña de acción 49.
Promover a produción e consumo de produtos locais mediante proxectos co-
operativos e hortas urbanas e periurbanas, promovendo e incentivando aquelas actividades locais
produtivas do sector primario que teñan un carácter sustentable para garantir a calidade de vida e
a consolidación social no rural.
Liña de acción 50.
Aplicar políticas de “quilómetro 0” nos comedores de responsabilidade munic-
ipal que asuman a produción local como a principal fonte de subministro.
Liña de acción 51.
Promover e apoiar iniciativas de distribución e comercialización do produto
local
Reto 10. COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE.
A Compra pública responsábel nas administracións municipal define a aplicación dun conxunto
de parámetros sociais, ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adqui-
sición e consumo de bens e servizos por parte do Concello.
A Compra pública responsábel
susténtase na Compra pública ética, na compra e no consumo