#14
4. AUTONOMÍA/EMPODERAMENTO
As políticas municipais estarán dirixidas a que todas as persoas, particularmente as persoas en
situación de maior vulnerabilidade, desenvolvan as capacidades e competencias persoais para
afrontar, controlar e tomar decisións propias sobre como vivir e como participar na vida social.
As políticas municipais garantirán o acceso a recursos e servizos para superar as situacións de
desigualdade e discriminación que anulan ou dificultan o desenvolvemento persoal e social e
ga-
rantirán condicións de vida e de saúde que faciliten o empoderamento persoal para transformar a
vida persoal, asumir as propias responsabilidades persoais e sociais e contribuír á vida na cidade.
5. PARTICIPACIÓN/TRANSPARENCIA/CORRESPONSABILIDADE
Calquera proposta estratéxica ou acción, tanto sexa de posta en marcha ou recuperación dun
servizo social, como a mellora dos xa existentes, é obrigatorio que xurda coa participación cidadá.
A través dos mecanismos de democracia participativa que se creen no concello, sempre abrirá,
durante o tempo que sexa necesario, o proceso participativo ás persoas, colectivos e entidades do
terceiro sector da cidade que queiran colaborar, tanto para coñecer a realidade como para entre
todas e todos conseguir as mellores solucións para os problemas existentes no concello.
Ademais comprometémonos a ser
transparentes e a reneir contas
elaborando
Informes de impac-
to social
das diferentes propostas lexislativas, mantendo audiencias periódicas coas entidades e
colectivos cidadáns particularmente cos que estean en situación de vulnerabilidade ou emerxen-
cia social e garantindo a transparencia das actuacións municipais e asumindo a responsabilidade
política que corresponda en caso de denuncia ou imputación xudicial, e en calquera caso adoptar
todas as medidas precisas para reparar os posibles danos causados.
6. SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE E SOCIALMENTE RESPONSABLES
Comprometémonos á defender os servizos públicos garantindo unha xestión pública, directa e
participativa das areas de goberno baixo a nosa responsabilidade. Neste sentido o desafío e de-
senvolver un modelo de xestión municipal directo no que tomen parte os cidadáns e as cidadás co
obxectivo de que se teña un control máis rigoroso dos procesos e se garanta unha contratación
pública socialmente responsable, que introduza en todas as licitacións públicas locais cláusulas
sociais que favorezan a inclusión, o emprego a accesibilidade e a economía de iniciativa social
local.
RETOS/ O CONCELLO QUE QUEREMOS:
Un Concello máis igualitario e xusto
Queremos un concello sen pobreza, sen discriminacións, máis xusta e igualitaria, que incorpore
ás diversidades para aproveitar o potencial de todas as persoas e colectivos. As políticas munici-
pais dirixiranse á avanzar na loita contra a pobreza, á promoción da saúde e o fortalecemento da
autonomía e benestar, garantindo a todas as persoas o acceso aos recursos e servizos básicos
para desenvolver o seu proxecto de vida no concello de forma digna.
- Sumarnos á proposta da Rede galega contra a pobreza e incrementar o investimento social até
110
/habitante/ano.
- Elaborar un plan municipal de loita contra a pobreza e exclusión social que teña como primeiro
obxectivo a erradicación da pobreza infantil e garanta o acceso a todas as nenas e nenos aos
recursos socio-educativos, culturais e de ocio.
- Crear un Fondo local contra a exclusión social e pobreza.
- Desenvolver un Plan municipal de atención a situacións de emerxencia social.
- Asegurar que cada persoa en risco de pobreza ou exclusión dispón dun profesional de referencia